martes, 1 de febrero de 2011

2ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL



Extraodinaria xornada a vivida en Cartelle " O Mundil " , que a pesar da choiva caida non impediu que todos os equipos fixésennos gozar deste deporte , cunha organización perfecta e uns partidos impresionantes en todas as categorías.
Diso tomou  boa nota o Director deportivo
Joao Mª Fernandes , que viu como o seu traballo vai adquirindo uns resultados mais que optimos
e comezando a crear dificultades á hora de convocar aos distintos compoñentes das Seleccións Galegas.
Felicitamos dende aquí a inmellorable acollida do centro equestre "O Mundil " e do seu presidente Jaime Sousa , que nos puso todos os medios`para que a xornada brilase da forma que o fixo a pesar da choiva .
Felicitar tamem  ao Club Hípico A Muralla de Vigo , por habernos brindado ese primeiro encontro do Torneo Galego de Infantís , como exemplo do futuro do Horseball en Galicia.
Felicitacións tamén para todos os equipos polo seu alto nivel de compromiso e participación. 

E a todos eses pais e nais que sen a vosa colaboración non sería posible todo isto. 


Vocalía de Horseball.

ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
Nas instalacións do Centro Ecuestre ” O Mundil ” , desenvolveranse os encontros correspondentes á 2ª Xornada da Liga Galega , coa participación de 14 equipos en todas as categorías , seniors 1ª e 2ª , cadetes e infantís , desde as 12 do mediodía ata as 5 da tarde .
Así mesmo contaremos coa presenza do noso Director Técnico , Joao Mª Fernandes , que desde o sábado dia 12 estará en Cartelle facendo o programa de traballo e formación para este ano 2.011 . así como avaliará o estado de cada xogador/a , como dos cabalos , co fin de ir confencionando as diferentes seleccións galegas.
Invitamos a todos os Clubs a presenciar esta Xornada de Liga .


Vogalía de Horseball FHG .



HORARIOS