5ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012
CRONICA DA XORNADA ( Por David Alonso )
O domingo día 20 de Maio celebrouse no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, en Nigrán, a quinta xornada de horseball, organizada polo CLUB HÍPICO A MURALLA. Á mesma achegáronse moitos afeccionados que gozaron de interesante e emocionantes encontros.
SENIORS PRIMEIRA
CABALEIROS DO DEZA - CEX SANTA COMBA (0-0): este encontro quedou aprazado para o día 2 de Xuño debido a que o xogador do CEX, Roberto Turnes, foi convocado pola selección española para disputar o Torneo 4 Nacións que se disputou en Francia.
A MURALLA DE VIGO - A MURALLA ATLÉTICO (8-3): o derbi murallista supúñase moi rifado, xa que na primeira volta os atléticos acusaron en exceso a baixa de Jonhy, e nesta ocasión querían resarcirse. Pero A Muralla de Vigo xogábase o título e non ía desperdiciar a ocasión de sentenciar a Liga. Desde o primeiro minuto, A Muralla fíxose coa posesión e as ocasións mentres os atléticos defendíanse como podían. A primeira parte terminou cun 0-4 no marcador, resultado que minou a moral aos atléticos, que a pesar de todo no inico da segunda parte intentaron reaccionar, pero outra vez A Muralla, cunha defensa increible e un efectivo xogo de ataque, botou por terra todas as súas esperanzas.
Tras esta xornada, a primeira división xa ten campión, A MURALLA DE VIGO, que suma a súa quinta liga galega consecutiva, e asegura a súa presenza no IV Cto de España de Clubs, que se celbrará en Badaxoz do 21 ao 23 de Xuño. Falta por saber quen ocupará a segunda praza, CEX Santa Comba ou A Muralla Atlético.

SENIORS SEGUNDA
VIGO MUNDIL - A MURALLA CASTRELOS (8-2): o derbi vigués de segunda prometía ser un partido apaixonante, xa que o vencedor deste partido proclamaríase campión da categoría, pero ao final o partido só tivo un dono, Vigo-Mundil. Os pupilos de Moncho agradeceron a achega da mítica xogadora Ana Charlón, fichada para este final de liga, que foi clave no xogo ofensivo do seu equipo. Pola súa banda, os murallistas botaron en falta demasiado ao seu capitán, Javi, e non conseguiron en ningún momento intimidar aos seus rivais.
BREOGÁN HORSEBALL - CABALEIROS DO SANLÉS (0-8): A incomparecencia dos de Coristanco dá os tres puntos aos cabaleiros.
VIGO-MUNDIL , proclamouse campión de segunda, e polo tanto o ano que vén xogará en primeira división, seguido pola Muralla Castrelos e Cabaleiros do Sanlés. Breogan HB pecha a clasificación.
CADETES
CABALEIROS DO SANLÉS - CEX SANTA COMBA (8-6): o enfrontamento entre cabaleiros e xalleiros foi moi igualado, os mozos de ambos os conxuntos loitaron por levar os tres puntos. O partido non tivo un dono, foi un partido de ida e volta ata o final, cando cabaleiros logrou sumar a súa segundo vitoria da tempada.

A MURALLA DE VIGO - A MURALLA ATLÉTICO (6-3): outro derbi vigués para pechar a xornada. Neste caso os dous equipos estaban integrados unicamente por amazonas, que nos volveron a brindar un apaixonante partido. As atléticas comezaron moi ben, pondo as cousas difíciles ás murallistas na primeira metade, xa que ao descanso chegouse cun 1-2 no marcador. Pero na segunda metade as murallistas, dirixidas por Aaron, pisaron o acelerador e non deron opción ás atléticas. Ao final, unha vitoria que valía un título de liga.
A líga cadete tamén ten campión, A MURALLA DE VIGO. Quédanos por saber se o segundo posto será para CEX ou Cabaleiros. O faroliño vermello será para as mozas da Muralla de Atletico, que este ano debutaban na categoría.
PROXIMA XORNADA O DIA 3 DE XUNIO EN CARTELLE-OURENSE.
oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo
Domingo, 20 de Maio de 2.012 ,celébrase a 4ª
xornada a da Liga Galega de Horseball , no magnífico terreo de xogo do Póligono
Industrial ? PORTO DO MOLLE , cedidos para iso por ZONA FRANCA DE VIGO, coa
colaboración do EXCMO. CONCELLO DE NIGRÁN .
Os Equipos de primeira división chegarán nesta xornada con
ganas de de afianzar os primeiros postos que dan pase ao Campionato de España
de Clubs .
En segunda división ,duelo Vigués entre os equipos VIGO-MUNDIL e a MURALLA CASTRELOS, buscando a primeira praza da clasificación.
Os cadetes, como cada xornada exhibindo o excelente nivel galego nesta categoría,e duelo igualmente entre os dous equipos vigueses da Murallla .
Animamos a todos os Clubs de Galicia , para que se acheguen e gocen da práctica desta disciplina hípica. Vocalía de Horseball.
Partidos
5º Xornada Liga Galega de Horseball 20/05/2012
|
|
Hora
|
Equipo A
|
Equipo B
|
Categoría
|
Arbitro a cabalo
|
Arbitro de cadeira
|
12:00
|
CABALEIROS DO DEZA
|
CEX SANTA COMBA
|
Seniors
1ª
|
FERNANDO ALONS.
|
ANAIRIS
VAZQUEZ
|
12:40
|
LA MURALLA DE VIGO
|
LA MURALLA ATLETICO
|
Seniors
1ª
|
FERNANDO REGAL.
|
RICARDO
MARTINEZ
|
13:20
|
BREOGAN-HORSEBALL
|
CABALEIROS DO SALNES
|
Seniors
2ª
|
?
|
?
|
14:00
|
VIGO - O MUNDIL
|
LA MURALLA CASTRELOS
|
Seniors
2ª
|
ROBERTO TURNES
|
RICARDO
MARTINEZ
|
14:40
|
CABALEIROS DO SALNES
|
CEX SANTA COMBA
|
Cadetes
|
DAVID ALONSO
|
ALEX
ALONSO
|
15:20
|
LA MURALLA DE VIGO
|
LA MURALLA ATLETICO
|
Cadetes
|
FERNANDO
REGAL.
|
RICARDO MARTINEZ
|
Observacións
| |||||
Lugar: Nigrán (
Porto do Molle )
| |||||
Día: Domingo
20 de Maio de 2.012
| |||||
Hora de
presentación: As 11:00 todos os clubes deberán estar listos para pasar os
controles pertinentes
| |||||
4ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012
Domingo, 6 de Maio de 2.012 ,comeza con esta xornada a 2ª volta da Liga Galega de Horseball , no magnífico terreo de xogo das instalacións de Cabaleiros do Salnés , en Romai-Portas .
Os Equipos de primeira división chegarán nesta xornada con ganas de de afianzar os primeiros postos que dan pase ao Campionato de España de Clubs .
En
segunda división , igualmente a loita por conseguir esa praza de ascenso , fai
que os equipos subisen de nivel competitivo , esperándose ver partidos
interesantísimos.
Os
cadetes, confirmando cada xornada o excelente nivel galego nesta categoría e
que seguro ao final terá os seus resultados ,logrando algún xinete ou amazona
novo ,contar para o seleccionador nacional Jordi Serra.
Animamos a todos os Clubs de Galicia , para que se acheguen e gocen da práctica desta disciplina hípica.
HORARIOS