domingo, 15 de julio de 2012

CAMPIONATO DE EUROPA SUB-16

RESULTADOS


Fuente :http://www.horse-ball.org/match/index.php?rub=88&saison=10&fb_source=message






9º CAMPIONATO DE EUROPA DE HORSEBALL SUB-16
PORTUGAL-STO DOMINGOS DE RANA
                                                             

SELECCIONS PARTICIPANTES




ESPAÑA
1. Julia Aromí Font 
2. Roger Garcia Álvarez 
3. Irene Menéndez De Alvaré Lasheras             
4. Xavier Pastoret Picola 
5. Joan Banal Aja 
6. Anna Sánchez Moreno
7. Mateu Purti Vila
8. Carmen Gabriel Mata Aragón

 PORTUGAL  
 1. Joao Baptista / Ultra Power
2. Manuel Pais / Zippo
3. Guilherme Alves / T – Negrita
4. Francisco Costa / Vagabunda
5. João Cardoso / Sacha
6. João Pereira / Alcapone
7. Bernardo Machado / Shakira
8. Guilherme Cunha / Tricô  
  FRANCIA
1.Basile Victor Toussaint
2.Benjamin Bodin
3.Lois Rigaud
4.Margaux Bouchery
5.Romain Delberghe
6.Thomas Busto
7.Valentine Deschamps
8.Valentine Desormaux 

   ITALIA
1) Federica Barberini 
2) Luca Del Zenero 
3) Andrea Lucarelli 
4) Marcello Martini 

5) Alexandra Musso
6) Jacopo Oriani
7) Saverio Ostili
8) Filippo Verduci



 BELGICA
1 EMMA VAN SEVEREN - Jolys Dancer
2 DAPHNEY NICQUE - Wendy
3 NINKE DE RIDDER - Beau
4 CHARLOTTE COSTERS - Penelope

5 AXEL VAN HERREWEGHE - Julita
6 SARAH DE COCK - Turbo
7 HANNE GALLANT - Chrissia






PARABENS A TODOS OS PARTICIPANTES




sábado, 30 de junio de 2012

III CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS DE HORSEBALL




CAMPEÓN  MASBATLLÓ MALLA
SUBCAMPEON    C.E.E.C. CARDEDEU
TERCER CLAS.   LA MURALLA ATLETICO

 LA MURALLA DE VIGO




Dentro do marco da IV Feira do Cabalo e Feira do Touro Ecuextre 2012, que se realiza no recinto feiral de Badaxoz, disputouse o III Campionato de España Mixto de Clubs de Horseball 

As xornadas disputáronse dentro da feira de noite e xogándose ás 12 da medianoite cunhas bancadas cheas a rebordar, para moitos dos espectadores era a primeira vez que vían este deporte, amenizado por un gran spiker fixo que preto dos 1.000 espectadores estivesen en tensión durante os dous encontros disputados.

Na xornada final o primeiro encontro que enfrontaba para o 3er e 4º posto á Muralla de Vigo e a Muralla Atlético, partido entre o primeiro e segundo clasificado da liga nacional galega, saía como favorito a este encontro a muralla de Vigo, encontro que empezou e acabou a primeira parte moi disputado cun tenteo curto para as ocasións que se viron sendo ou un 1 a 3 a favor da Muralla Atlético, na segunda parte a Muralla acusaron o cansazo cosa que aproveito os Atléticos para distanciarse no marcador e facer saltar a sorpresa ao gañar a muralla atlético por un resultado de 7 a 3.

Para o partido estelar da noite, encontro para o 1er e 2º posto e encontro que dá ao gañador a posibilidade de poder ir á próxima CHAMPION LEAGUE, que este ano se disputará na cidade francesa de SANT-LÔ na primeira quincena de Agosto, tiveron en litixio ao actual campión deste campionato e de todas as edicións anteriores e tamén actual campión de Europa o C.E.E.C de Cardedeu, tamén actual campión da liga nacional catalá contra o equipo de MAIS BATLLÓ MALLA actual subcampión da liga nacional catalá, este encontro é o mesmo que se disputou durante as últimas 2 edicións, co mesmo resultado de vitoria do equipo do C.E.E.C.


O CEEC empezou o encontro moi dubitativo cometendo moitos erros, feito que aproveitou Malla para empezar a marcar distancias no marcador cun 2 a 0, o CEEC espertou do letargo co que empezou o encontro e en pouco menos de 2 min remontou o partido subindo no marcador un 2 a 3 a favor deles, chegando á finalización desta primeira parte cun axustado 4 a 3 a favor do CEEC de Cardedeu.
A segunda parte empezou identicamente igual como o fixo a primeira, cun letargo por parte do actual campión de Europa e cun equipo de Malla cunhas ganas de marcar distancias, feito que provoco esta vez coa igualación do encontro e a distanciación por dous goles, que foron mantendo durante todo o encontro, ata que nos últimos compases do partido na última posesión, conseguiron aumentar a 3 goles de diferenza deixando ao CEEC que só marcase nesta segunda parte un só gol e dándolles así a vitoria por un resultado de MAIS BATLLÓ MALLA  8  C.E.E.C. de Cardedeu  5, materializando así a segunda sorpresa da noite.

Así a clasificación final deste campionato que da seguinte forma:

1.       MASBATLLÓ MALLA
2.       C.E.E.C.
3.       LA MURALLA ATLETICO
4.       LA MURALLA DE VIGO

·         Equipo FairPlay: LA MURALLA DE VIGO
·         Mejor jugador :  ADRIÀ VELASCO PARRAMON
·         Máximo goleador: ADRIÀ VELASCO PARRAMON


Finalizou O Campionato coa repartición de trofeos a mans do presidente da Federación Hípica de Estremadura D. Ignacio da Igrexa e do Vogal de Horseball da Real Federación Española
D. Juan Antonio Valencia.

domingo, 27 de mayo de 2012

VI XORNADA E FINAL DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL







CAMPIONS DA LIGA 1ª DIVISION 2.012
LA MURALLA DE VIGO
CAMPIONS DA LIGA 2ª DIVISION 2.012
VIGO - MUNDIL
CAMPIONS LIGA DE CADETES 2.012
LA MURALLA DE VIGO


Por    Moncho Vazquez  


6ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012
Cunha gran afluencia de público ,celebrouse o Final da Liga , onde se proclamarán os distintos campións de cada categoría.

En primeira división , A Muralla de Vigo , proclamouse campión absoluto por 5º ano consecutivo logo dun gran partido ante os Xalleiros .A Muralla Atlético conseguiu finalmente o segundo posto tras a súa fenomenal vitoria ante os de Cabaleiros do Deza .Como máximo anotador da Liga,   David Alonso

Ambos os Equipos disputarán o Campionato de España de Clubs , o próximo dia 20 ao 23 de Xuño , en Badaxoz coa feira do Cabalo de D.Benito.

Na Segunda división, partido de trámite para os de Vigo-Mundil ante os do Salnés ,proclamándose os do Vigo-Mundil campións da Liga de segunda división e conseguindo así o ascenso a Primeira División .Máximo anotador da Liga , Javier Gonzalez.

En Cadetes ,impresionantes partidos que nos fixeron deleitar os mozos xogadores-demostrando así a gran proxección do horseball en Galicia.Proclamouse Campión da Liga A Muralla de Vigo. Maxima anotadora , Inés Martinez .

Intenso traballo , o desenvolvido polo Seleccionador Joao Mª Fernandes , que levou boa nota para compor os seleccionados nas distintas categorías que competirán na Copa de España de Autonomías
Vocalía de Horseball.
 





xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx
O Domingo, 3 de Xuño de 2.012 ,celébrase a 6ª xornada a da Liga Galega de Horseball , conxuntamente coa celebración da XV Festa do Cabalo de Nogueiró-Cartelle .

Final da Liga , onde se proclamarán os distintos campións de cada categoría.
En primeira división , disputarase a clasificación para o segundo posto , que xunto ao campión de Liga xa proclamado A Muralla de Vigo , terá opción a disputar o Campionato de España de Clubs , no mes de xuño en Estremadura.
Na Segunda división, bonito encontro espérase entre os equipos de Vigo-Mundil e Cabaleiros do Salnés ,coa proclamación de Campión de Liga , Vigo-Mundil , que consegue así o seu ascenso á Primeira división .
Os Cadetes disputasen dous encontros competidos tamén ,entre os equipos da Muralla de Vigo , Cex Sta Comba e Cabaleiros do Salnés respectivamente,proclamándose Campión o equipo da Muralla de Vigo .

Finalmente teremos unha exibición de horseball sub-13 , con póneis B e C , con dous equipos da Muralla de Vigo , integrándose no xogo , xogadores do Club hípico O Mundil .

Teremos a Presenza este fin de semana do director técnico e seleccionador Joao Mª Fernandes , que fará traballos de preselección de xogadores de face á súa preparación para a Copa de España de Autonomias , que se celebrará a última semana do mes de Xullo en Madrid ( Villanueva de la Cañada ). 

Invitamos a todos os Clubs de Galicia a que participen e achéguense a presenciar esta última xornada de Horseball e gozar da gran festa do Cabalo de Nogueiró-Cartelle , onde se disputarán logo dos partidos , carreiras de Cabalos P.S.I. e un carrusel de doma , a cargo dos alumnos e socios do Centro Ecuestre O Mundil , dirixidos pola monitora Anairis Vazquez.

Vocalía de Horseball. 





lunes, 30 de abril de 2012

V XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL


5ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012

CRONICA DA XORNADA ( Por David Alonso )

O domingo día 20 de Maio celebrouse no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, en Nigrán, a quinta xornada de horseball, organizada polo CLUB HÍPICO A MURALLA. Á mesma achegáronse moitos afeccionados que gozaron de interesante e emocionantes encontros.

SENIORS PRIMEIRA

CABALEIROS DO DEZA - CEX SANTA COMBA (0-0): este encontro quedou aprazado para o día 2 de Xuño debido a que o xogador do CEX, Roberto Turnes, foi convocado pola selección española para disputar o Torneo 4 Nacións que se disputou en Francia. 

A MURALLA DE VIGO - A MURALLA ATLÉTICO (8-3): o derbi murallista supúñase moi rifado, xa que na primeira volta os atléticos acusaron en exceso a baixa de Jonhy, e nesta ocasión querían resarcirse. Pero A Muralla de Vigo xogábase o título e non ía desperdiciar a ocasión de sentenciar a Liga. Desde o primeiro minuto, A Muralla fíxose coa posesión e as ocasións mentres os atléticos defendíanse como podían. A primeira parte terminou cun 0-4 no marcador, resultado que minou a moral aos atléticos, que a pesar de todo no inico da segunda parte intentaron reaccionar, pero outra vez A Muralla, cunha defensa increible e un efectivo xogo de ataque, botou por terra todas as súas esperanzas. 

Tras esta xornada, a primeira división xa ten campión, A MURALLA DE VIGO, que suma a súa quinta liga galega consecutiva, e asegura a súa presenza no IV Cto de España de Clubs, que se celbrará en Badaxoz do 21 ao 23 de Xuño. Falta por saber quen ocupará a segunda praza, CEX Santa Comba ou A Muralla Atlético. 

SENIORS SEGUNDA


VIGO MUNDIL - A MURALLA CASTRELOS (8-2): o derbi vigués de segunda prometía ser un partido apaixonante, xa que o vencedor deste partido proclamaríase campión da categoría, pero ao final o partido só tivo un dono, Vigo-Mundil. Os pupilos de Moncho agradeceron a achega da mítica xogadora Ana Charlón, fichada para este final de liga, que foi clave no xogo ofensivo do seu equipo. Pola súa banda, os murallistas botaron en falta demasiado ao seu capitán, Javi, e non conseguiron en ningún momento intimidar aos seus rivais.



BREOGÁN HORSEBALL - CABALEIROS DO SANLÉS (0-8): A incomparecencia dos de Coristanco dá os tres puntos aos cabaleiros.



VIGO-MUNDIL , proclamouse campión de segunda, e polo tanto o ano que vén xogará en primeira división, seguido pola Muralla Castrelos e Cabaleiros do Sanlés. Breogan HB pecha a clasificación. 


CADETES

CABALEIROS DO SANLÉS - CEX SANTA COMBA (8-6): o enfrontamento entre cabaleiros e xalleiros foi moi igualado, os mozos de ambos os conxuntos loitaron por levar os tres puntos. O partido non tivo un dono, foi un partido de ida e volta ata o final, cando cabaleiros logrou sumar a súa segundo vitoria da tempada.

A MURALLA DE VIGO - A MURALLA ATLÉTICO (6-3): outro derbi vigués para pechar a xornada. Neste caso os dous equipos estaban integrados unicamente por amazonas, que nos volveron a brindar un apaixonante partido. As atléticas comezaron moi ben, pondo as cousas difíciles ás murallistas na primeira metade, xa que ao descanso chegouse cun 1-2 no marcador. Pero na segunda metade as murallistas, dirixidas por Aaron, pisaron o acelerador e non deron opción ás atléticas. Ao final, unha vitoria que valía un título de liga.

A líga cadete tamén ten  campión, A MURALLA DE VIGO. Quédanos por saber se o segundo posto será para CEX ou Cabaleiros. O faroliño vermello será para as mozas da Muralla de Atletico, que este ano debutaban na categoría.

PROXIMA XORNADA O DIA 3 DE XUNIO EN CARTELLE-OURENSE.

oooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

Domingo, 20 de Maio de 2.012 ,celébrase a 4ª xornada a da Liga Galega de Horseball , no magnífico terreo de xogo do Póligono Industrial ? PORTO DO MOLLE , cedidos para iso por ZONA FRANCA DE VIGO, coa colaboración do EXCMO. CONCELLO DE NIGRÁN .
Os Equipos de primeira división chegarán nesta xornada con ganas de de afianzar os primeiros postos que dan pase ao Campionato de España de Clubs .

En segunda división ,duelo Vigués entre os equipos VIGO-MUNDIL e a MURALLA CASTRELOS, buscando a primeira praza da clasificación.

Os cadetes, como cada xornada exhibindo o excelente nivel galego nesta categoría,e duelo igualmente entre os dous equipos vigueses da Murallla .

Animamos a todos os Clubs de Galicia , para que se acheguen e gocen da práctica desta disciplina hípica. 
Vocalía de Horseball.
Partidos 5º Xornada Liga Galega de Horseball 20/05/2012      



Hora
Equipo A
Equipo B
Categoría
Arbitro a cabalo
Arbitro de cadeira
12:00
CABALEIROS DO DEZA
CEX SANTA COMBA        
Seniors 1ª
FERNANDO ALONS.
ANAIRIS VAZQUEZ
12:40
LA MURALLA  DE VIGO
LA MURALLA ATLETICO
Seniors 1ª
FERNANDO REGAL.
RICARDO MARTINEZ
13:20
BREOGAN-HORSEBALL
CABALEIROS DO SALNES
Seniors 2ª
             ?
              ?
14:00
VIGO - O MUNDIL
LA MURALLA CASTRELOS
Seniors 2ª
ROBERTO TURNES
RICARDO MARTINEZ
14:40
CABALEIROS DO SALNES
CEX SANTA COMBA        
Cadetes
DAVID ALONSO
ALEX ALONSO
15:20
LA MURALLA  DE VIGO
LA MURALLA ATLETICO
Cadetes
FERNANDO REGAL.
RICARDO MARTINEZ






Observacións
Lugar: Nigrán ( Porto do Molle )
Día: Domingo 20  de Maio de 2.012
Hora de presentación: As 11:00 todos os clubes deberán estar listos para pasar os controles pertinentes
 OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO




4ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012 

Domingo, 6 de Maio de 2.012 ,comeza con esta xornada a 2ª volta da Liga Galega de Horseball , no magnífico terreo de xogo das instalacións de Cabaleiros do Salnés , en Romai-Portas .
Os Equipos de primeira división chegarán nesta xornada con ganas de de afianzar os primeiros postos que dan pase ao Campionato de España de Clubs .

En segunda división , igualmente a loita por conseguir esa praza de ascenso , fai que os equipos subisen de nivel competitivo , esperándose ver partidos interesantísimos.

Os cadetes, confirmando cada xornada o excelente nivel galego nesta categoría e que seguro ao final terá os seus resultados ,logrando algún xinete ou amazona novo ,contar para o seleccionador nacional Jordi Serra.

Animamos a todos os Clubs de Galicia , para que se acheguen e gocen da práctica desta disciplina hípica. 

HORARIOS

Vocalía de Horseball