viernes, 23 de marzo de 2012

LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012

2ª XORNADA  --  RESULTADOS -- CLASIFICACIONS





(  Por David Alonso )


O pasado 11 de Marzo celebrouse a segunda xornada de liga galega de horseball no Campo de Santa Comba. Gozamos dun día de verán, no que se alcanzaron os 25ºC e un gran ambiente de público.
No referente ao xogo, os resultados foron os seguintes:

PRIMEIRA
CEX SANTA COMBA - CABALEIROS DO DEZA (11-6): os xalleiros xogaban ante o seu público e querían demostrar que este ano van ser un serio candidato ao título, pero os cabaleiros non llo puxeron nada fácil. O primeiro tempo estivo moi igualado, e chegouse ao descanso con empate a catro no marcador. A segunda metade supúñase igualada, pero o Cex apertou o acelerador e desmarcouse no marcador, deixando así aos do Deza sen opcións de sumar a súa primeira vitoria.

A MURALLA ATLÉTICO - A MURALLA DE VIGO (4-10): o derbi murallista esperábase igualado, pero a baixa de Jonhy no atlético descafeinó o partido. Desde o primeiro minuto, A Muralla fíxose coa posesión e as ocasións mentres os atléticos defendíanse como podían. A primeira parte terminou cun 2-4 no marcador, resultado que aínda daba algunha esperanza aos atléticos, pero na segunda metade A Muralla pasoulles claramente por encima, cun xogo rápido, combinativo e moi preciso.

A primeira división coloca aos equipos da Muralla e CEX con dúas vitorias á fronte da clasificación, aínda que polo visto ata o momento, Cabaleiros e A Muralla Atlético non van darse facilmente por vencidos, polo que nos esperan uns apaixonantes partidos. A próxima xornada poderemos gozar do clásico na Muralla de Vigo e o CEX Santa Cormba.

SEGUNDA

CABALEIROS DO SANLÉS - A MURALLA CASTRELOS (2-10): os vigueses non deron opción ao novo equipo dos cabaleiros. A Muralla, dominou o partido de principio a fin e dispuxo de infinidade de ocasións, aínda que pecou en exceso de falta de puntería. Os vigueses agradeceron a achega da moza xogadora Pomba, que subiu do equipo cadete para xogar os seus primeiros minutos cos maiores e callou unha gran actuación.

BREOGÁN HORSEBALL - VIGO MUNDIL (3-8): Vigo-Mundil gañara a Cabaleiros e Breogán viña de derrotar á Muralla, pero os de Coristanco non conseguen recuperar a todos os seus efectivos e volvían presentarse con tres xogadores, algo que aproveitou o equipo de Cartelle para colocarse á fronte da clasificación, non sen realizar un bo partido, no que non deron ningunha opción aos rivais.

Vigo Mundil colócase lider de segunda, seguido pola Muralla Castrelos e Breogan HB. Pecha a clasificación Cabaleiros do Sanlés, que aínda non a gando, pero seguro pronto brindará unha alegría ao seu público. Isto depáranos un bonito derbi entre A Muralla Castrelos e Vigo Mundil, no que os pupilos de David tratrán de arrebarle o primeiro posto ao equipo de Moncho.


CADETES:
CEX SANTA COMBA - CABALEIROS DO SANLÉS (6-4): outro enfrontamento entre xalleiros e cabaleiros e cun desenvolvemento practicamente igual que o dos maiores. A primeira parte foi moi igualada, os mozos de ambos os conxuntos loitaron por levar os tres puntos, pero o apoio do público achegou o extra de forza que necesitaba o equipo do CEX. Ao final, triunfo sufrido e traballado dos xalleiros nun bonito partido.
A MURALLA ATLÉTICO - A MURALLA DE VIGO (1-4): nesta ocasión tamén se recreaba o derbi vigués de primeira, e outra vez cun desenvolvemento parecido. O partido estivo moi igualado, a pesar do que reflectía o resultado ao final do partido. As atléticas non deixaron en ningún momento de loitar pola ansiada vitoria e non permitiron que A Muralla estivese cómoda no campo en ningún momento. Ao descanso chegouse cun 0-1, e coa sensación de que as atléticas, dirixidas por David, podían dar a sorpresa, xa que son o único equipo novo na categoría. Pero na segunda metade, A Muralla, adestradas por Aarón, tiraron de experiencia e conseguiron facerse co partido.
Os partidos de cadetes demóstrannos cada xornada que a evolución desta categoría é moi grande. Con partidos moi rápidos e moi rifados ata o final. Isto e que a maioría dos equipos estan formados unicamente por mozas, aseguran un bo futuro ao horseball galego, e ao feminino principalmente.

A PRÓXIMA XORNADA CELEBRARASE O DÍA 22 DE ABRIL EN PORTO DO MOLLE, NIGRÁN.







No hay comentarios:

Publicar un comentario