martes, 17 de abril de 2012

3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL










CRONICA DA XORNADA
( Por David Alonso )



Este domingo celebrouse no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, en Nigrán, a terceira xornada de horseball, organizada polo CLUB HÍPICO A MURALLA. Á mesma achegáronse moitos afeccionados que gozaron de interesante e emocionantes encontros.

SENIORS PRIMEIRA

- A MURALLA DE VIGO - CEX SANTA COMBA  (8-7): Este duelo converteuse no clásico do horseball galego, xa que ambos os equipos loitan cada ano por demostrar a súa hexemonía á fronte desta disciplina en Galicia. Foi un partido moi disputado, no que os dous equipos xogaron ao máximo das súas capacidades. Ao final, o acerto dos vigueses de face ao gol, determinou o resultado e concedeulles os tres puntos que os coloca líderes en solitario da primeira división.

- A MURALLA ATLÉTICO - CABALEIROS DO DEZA  (8-4): ambos os equipos buscaban a súa primeira vitoria da tempada e iso notouse na intensidade con que os dous equipos comezaron o partido. Os vigueses, a pesar de estar pouco acertados de face ao gol, mostráronse moi sólidos en defensa, póndolle as cousas moi difíciles aos Dezáns. A pesar de non gañar ningún partido, hase de recoñecer o mérito dos Cabaleiros, que cun equipo totalmente renovado e moi novo, liderados polo mítico ?Regalade?, pelexan cada partido ata o final.

Polo visto nesta primeira volta, seguimos sen saber quen se fará co campionato ao final, quédannos tres xornadas apaixonantes de horseball
SENIORS SEGUNDA

- CABALEIROS DO SANLÉS - BREOGÁN HORSEBALL (8-0): A incomparecencia dos coruñeses deu os tres puntos aos cabaleiros.

- A MURALLA CASTRELOS - VIGO MUNDIL HB (6-4): o derbi vigués de segunda marcaría o devir da liga nesta categoría, pois unha vitoria de Vigo-Mundil colocaríaos líderes en solitario, mentres que unha vitoria murallista engancharíaos á loita pola liga. A primeira parte foi de claro dominio da Muralla, que se foi ao descanso con 5-2 ao seu favor. Pero na continuación os pupilos de Moncho se enchufaron e conseguiron colocar o 5-4 a falta de 4 minutos, o que deixaba o partido totalmente aberto, pero entón os murallistas fixéronse coa posesion e conseguiron levar o partido ao seu terreo e obter así tres importantes puntos. 

A segunda división déixanos un empate a puntos na cabeza da táboa , algo que nos depara unha rifada segunda volta.

CADETES

- A MURALLA ATLÉTICO- CABALEIROS DO SANLÉS (2-5): os dous equipos buscaban a súa primeira vitoria, igual que o partido dos seus equipos de primeira, pero nesta ocasión a sorte final foi distinta que a dos maiores. Os cabaleiros levaron os tres puntos merecidamente, desde o inicio estiveron moito máis metidos no partido que as viguesas, que na primeira parte non deron unha. Na segunda metade a muralla intentou reaccionar pero xa era tarde.

- A MURALLA DE VIGO -  CEX SANTA COMBA (4-2): o “miniclásico” contou coa mesma intensidade que o dos maiores. As viguesas intentaron dominar desde o principio, pero as xalleiras loitaron ata o final nun partido moi igualado e no que puidemos gozar de magníficas accións defensivas, bonitos pases e espectaculares tiros. Ao final A Muralla gañou e colócase lider en solitario da categoría cadete.

Preparámonos para unha 2ª volta na que todos os encontros que se disputaron ata o momento vivirán o seu segundo acto, sen dúbida emocionante.

A PRÓXIMA XORNADA SERÁ O DÍA 6 DE MAIO EN ROMAI (PORTAS).





RESULTADOS E CLASIFICACIONS

Resultados
Categoría
Equipo A
Goles
Equipo B
Goles
Seniors 1ª
LA MURALLA DE VIGO
8
CEX SANTA COMBA
7
Seniors 1ª
LA MURALLA ATLETICO
8
CABALEIROS DO DEZA
4
Seniors 2ª
BREOGAN-HORSEBALL
0
CABALEIROS DO SALNES
8
Seniors 2ª
LA MURALLA CASTRELOS
6
VIGO-MUNDIL
4
Cadetes
LA MURALLA DE VIGO
4
CEX SANTA COMBA
2
Cadetes
LA MURALLA ATLETICO
2
CABALEIROS DO SALNES
5


























GRAN XORNADA PARTIDOS MUY COMPETIDOS
 E FENOMENAL ORGANIZACIÓN

Clasificación 1ª División
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
La Muralla de Vigo
9
3
3
0
0
27
16
11
CEX Santa Comba
7
3
2
0
1
25
18
7
La Muralla Atlético
5
3
1
0
2
16
21
-5
Cabaleiros do Deza
3
3
0
0
3
15
28
-13









Clasificación 2ª División
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
Vigo Mundil
7
3
2
0
1
19
10
9
La Muralla Castrelos
7
3
2
0
1
19
13
6
Breogan Horseball
4
2
1
0
1
10
19
-8
Cabaleiros Salnés
5
3
1
0
2
11
17
-6
Clasificación Cadetes
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
La Muralla de Vigo
9
3
3
0
0
12
3
9
Cex Sta. Comba
7
3
2
0
1
12
8
4
Cabaleiros do Salnés
5
3
1
0
2
9
8
1
la Muralla de Atletico
3
3
0
0
3
3
13
-10



3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL  2012


O Club Hípico A Muralla organiza o próximo día 22 de Abril a terceira xornada da Liga Galega de Horseball 2012 no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, EN NIGRÁN.
SAÍDA 11 DA AUTOESTRADA A Baiona

Na xornada participarán 12 equipos , os partidos comezarán ás 12:00 horas e xogaranse de forma continuada ata as 16:00 horas.

Esta xornada será a última da primeira volta e os equipos buscan colocarse á fronte da clasificación nas tres categorías.
Os partidos que se disputarán serán os seguintes:

PRIMEIRA DIVISIÓN

A MURALLA DE VIGO -CEX SANTA CORDA
CABALEIROS DO DEZA - A MURALLA ATLÉTICO

SEGUNDA DIVISIÓN

VIGO O MUNDIL - A MURALLA CASTRELOS
CABALEIROS DO SALNÉS - BREOGÁN HORSEBALL

CADETES

CABALEIROS DO SANLÉS - A MURALLA ATLÉTICO
A MURALLA DE VIGO - CEX SANTA CORDA



ANIMAMOS A TODOS OS CLUBS E ASOCIACIÓNS DE GALICIA E QUE SE ACHEGUEN A DiISFRUTAR DESTE BONITO DEPORTE .

VOGALIA DE HORSEBALL

No hay comentarios:

Publicar un comentario