martes, 17 de abril de 2012

3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL










CRONICA DA XORNADA
( Por David Alonso )



Este domingo celebrouse no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, en Nigrán, a terceira xornada de horseball, organizada polo CLUB HÍPICO A MURALLA. Á mesma achegáronse moitos afeccionados que gozaron de interesante e emocionantes encontros.

SENIORS PRIMEIRA

- A MURALLA DE VIGO - CEX SANTA COMBA  (8-7): Este duelo converteuse no clásico do horseball galego, xa que ambos os equipos loitan cada ano por demostrar a súa hexemonía á fronte desta disciplina en Galicia. Foi un partido moi disputado, no que os dous equipos xogaron ao máximo das súas capacidades. Ao final, o acerto dos vigueses de face ao gol, determinou o resultado e concedeulles os tres puntos que os coloca líderes en solitario da primeira división.

- A MURALLA ATLÉTICO - CABALEIROS DO DEZA  (8-4): ambos os equipos buscaban a súa primeira vitoria da tempada e iso notouse na intensidade con que os dous equipos comezaron o partido. Os vigueses, a pesar de estar pouco acertados de face ao gol, mostráronse moi sólidos en defensa, póndolle as cousas moi difíciles aos Dezáns. A pesar de non gañar ningún partido, hase de recoñecer o mérito dos Cabaleiros, que cun equipo totalmente renovado e moi novo, liderados polo mítico ?Regalade?, pelexan cada partido ata o final.

Polo visto nesta primeira volta, seguimos sen saber quen se fará co campionato ao final, quédannos tres xornadas apaixonantes de horseball
SENIORS SEGUNDA

- CABALEIROS DO SANLÉS - BREOGÁN HORSEBALL (8-0): A incomparecencia dos coruñeses deu os tres puntos aos cabaleiros.

- A MURALLA CASTRELOS - VIGO MUNDIL HB (6-4): o derbi vigués de segunda marcaría o devir da liga nesta categoría, pois unha vitoria de Vigo-Mundil colocaríaos líderes en solitario, mentres que unha vitoria murallista engancharíaos á loita pola liga. A primeira parte foi de claro dominio da Muralla, que se foi ao descanso con 5-2 ao seu favor. Pero na continuación os pupilos de Moncho se enchufaron e conseguiron colocar o 5-4 a falta de 4 minutos, o que deixaba o partido totalmente aberto, pero entón os murallistas fixéronse coa posesion e conseguiron levar o partido ao seu terreo e obter así tres importantes puntos. 

A segunda división déixanos un empate a puntos na cabeza da táboa , algo que nos depara unha rifada segunda volta.

CADETES

- A MURALLA ATLÉTICO- CABALEIROS DO SANLÉS (2-5): os dous equipos buscaban a súa primeira vitoria, igual que o partido dos seus equipos de primeira, pero nesta ocasión a sorte final foi distinta que a dos maiores. Os cabaleiros levaron os tres puntos merecidamente, desde o inicio estiveron moito máis metidos no partido que as viguesas, que na primeira parte non deron unha. Na segunda metade a muralla intentou reaccionar pero xa era tarde.

- A MURALLA DE VIGO -  CEX SANTA COMBA (4-2): o “miniclásico” contou coa mesma intensidade que o dos maiores. As viguesas intentaron dominar desde o principio, pero as xalleiras loitaron ata o final nun partido moi igualado e no que puidemos gozar de magníficas accións defensivas, bonitos pases e espectaculares tiros. Ao final A Muralla gañou e colócase lider en solitario da categoría cadete.

Preparámonos para unha 2ª volta na que todos os encontros que se disputaron ata o momento vivirán o seu segundo acto, sen dúbida emocionante.

A PRÓXIMA XORNADA SERÁ O DÍA 6 DE MAIO EN ROMAI (PORTAS).





RESULTADOS E CLASIFICACIONS

Resultados
Categoría
Equipo A
Goles
Equipo B
Goles
Seniors 1ª
LA MURALLA DE VIGO
8
CEX SANTA COMBA
7
Seniors 1ª
LA MURALLA ATLETICO
8
CABALEIROS DO DEZA
4
Seniors 2ª
BREOGAN-HORSEBALL
0
CABALEIROS DO SALNES
8
Seniors 2ª
LA MURALLA CASTRELOS
6
VIGO-MUNDIL
4
Cadetes
LA MURALLA DE VIGO
4
CEX SANTA COMBA
2
Cadetes
LA MURALLA ATLETICO
2
CABALEIROS DO SALNES
5


























GRAN XORNADA PARTIDOS MUY COMPETIDOS
 E FENOMENAL ORGANIZACIÓN

Clasificación 1ª División
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
La Muralla de Vigo
9
3
3
0
0
27
16
11
CEX Santa Comba
7
3
2
0
1
25
18
7
La Muralla Atlético
5
3
1
0
2
16
21
-5
Cabaleiros do Deza
3
3
0
0
3
15
28
-13









Clasificación 2ª División
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
Vigo Mundil
7
3
2
0
1
19
10
9
La Muralla Castrelos
7
3
2
0
1
19
13
6
Breogan Horseball
4
2
1
0
1
10
19
-8
Cabaleiros Salnés
5
3
1
0
2
11
17
-6
Clasificación Cadetes
Equipo
Pts
Jug
Gan
Emp
Per
TF
TC
Dif
La Muralla de Vigo
9
3
3
0
0
12
3
9
Cex Sta. Comba
7
3
2
0
1
12
8
4
Cabaleiros do Salnés
5
3
1
0
2
9
8
1
la Muralla de Atletico
3
3
0
0
3
3
13
-10



3ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL  2012


O Club Hípico A Muralla organiza o próximo día 22 de Abril a terceira xornada da Liga Galega de Horseball 2012 no POLÍGONO INDUSTRIAL PORTO DO MOLLE, EN NIGRÁN.
SAÍDA 11 DA AUTOESTRADA A Baiona

Na xornada participarán 12 equipos , os partidos comezarán ás 12:00 horas e xogaranse de forma continuada ata as 16:00 horas.

Esta xornada será a última da primeira volta e os equipos buscan colocarse á fronte da clasificación nas tres categorías.
Os partidos que se disputarán serán os seguintes:

PRIMEIRA DIVISIÓN

A MURALLA DE VIGO -CEX SANTA CORDA
CABALEIROS DO DEZA - A MURALLA ATLÉTICO

SEGUNDA DIVISIÓN

VIGO O MUNDIL - A MURALLA CASTRELOS
CABALEIROS DO SALNÉS - BREOGÁN HORSEBALL

CADETES

CABALEIROS DO SANLÉS - A MURALLA ATLÉTICO
A MURALLA DE VIGO - CEX SANTA CORDA



ANIMAMOS A TODOS OS CLUBS E ASOCIACIÓNS DE GALICIA E QUE SE ACHEGUEN A DiISFRUTAR DESTE BONITO DEPORTE .

VOGALIA DE HORSEBALL

domingo, 8 de abril de 2012


FERRAN COSIALLS  

Reportero de horseball en España

" Su partida de este mundo es algo que nos entristece a todos, recordémoslo como alguien que siempre quiso lo mejor para nosotros, te hecharemos mucho de menos en tu afán de  promoción y divulgación del horseball "

Nuestro más sentido pésame 



lunes, 26 de marzo de 2012

ARBITROS INTERNACIONALES



El pasado día 29 de enero y el 12 de febrero, el Comité Técnico Nacional de Jueces de la RFHE (CTNJ) en colaboración con el Comité Técnico Internacional de Jueces de la FIHB y el área de competición de Horseball de la RFHE, convocó dos jornadas para evaluar y examinar el nivel de algunos de nuestros árbitros nacionales, para poderlos ingresar como árbitros internacionales de Horseball.El ponente elegido por el Comité Técnico Internacional de Jueces de la FIHB fue: D. Gildas Lefort (Arbitro Internacional FIHB)
Los árbitros elegidos fueron: 
 
D. Roberto Turnes Rey
D. Francesc Puy de Pérez de Obanos
D. Miquel Juliá Muñoz
D. Guillem Tañá Montero
D. Marià Clavell Plana
D. Josep Salvatella Malagón 
 
 Tras estas dos reuniones de jornadas, los árbitros observados responden a las exigencias de los encuentros organizados por la FIHB, en particular en el contexto del próximo Campeonato  del Mundo designándolos para poder participar, dado que disponen del nivel para intervenir en encuentros internacionales. 
 
RFHE
 
Foto. Ferran Cosialls 

viernes, 23 de marzo de 2012

LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2012

2ª XORNADA  --  RESULTADOS -- CLASIFICACIONS





(  Por David Alonso )


O pasado 11 de Marzo celebrouse a segunda xornada de liga galega de horseball no Campo de Santa Comba. Gozamos dun día de verán, no que se alcanzaron os 25ºC e un gran ambiente de público.
No referente ao xogo, os resultados foron os seguintes:

PRIMEIRA
CEX SANTA COMBA - CABALEIROS DO DEZA (11-6): os xalleiros xogaban ante o seu público e querían demostrar que este ano van ser un serio candidato ao título, pero os cabaleiros non llo puxeron nada fácil. O primeiro tempo estivo moi igualado, e chegouse ao descanso con empate a catro no marcador. A segunda metade supúñase igualada, pero o Cex apertou o acelerador e desmarcouse no marcador, deixando así aos do Deza sen opcións de sumar a súa primeira vitoria.

A MURALLA ATLÉTICO - A MURALLA DE VIGO (4-10): o derbi murallista esperábase igualado, pero a baixa de Jonhy no atlético descafeinó o partido. Desde o primeiro minuto, A Muralla fíxose coa posesión e as ocasións mentres os atléticos defendíanse como podían. A primeira parte terminou cun 2-4 no marcador, resultado que aínda daba algunha esperanza aos atléticos, pero na segunda metade A Muralla pasoulles claramente por encima, cun xogo rápido, combinativo e moi preciso.

A primeira división coloca aos equipos da Muralla e CEX con dúas vitorias á fronte da clasificación, aínda que polo visto ata o momento, Cabaleiros e A Muralla Atlético non van darse facilmente por vencidos, polo que nos esperan uns apaixonantes partidos. A próxima xornada poderemos gozar do clásico na Muralla de Vigo e o CEX Santa Cormba.

SEGUNDA

CABALEIROS DO SANLÉS - A MURALLA CASTRELOS (2-10): os vigueses non deron opción ao novo equipo dos cabaleiros. A Muralla, dominou o partido de principio a fin e dispuxo de infinidade de ocasións, aínda que pecou en exceso de falta de puntería. Os vigueses agradeceron a achega da moza xogadora Pomba, que subiu do equipo cadete para xogar os seus primeiros minutos cos maiores e callou unha gran actuación.

BREOGÁN HORSEBALL - VIGO MUNDIL (3-8): Vigo-Mundil gañara a Cabaleiros e Breogán viña de derrotar á Muralla, pero os de Coristanco non conseguen recuperar a todos os seus efectivos e volvían presentarse con tres xogadores, algo que aproveitou o equipo de Cartelle para colocarse á fronte da clasificación, non sen realizar un bo partido, no que non deron ningunha opción aos rivais.

Vigo Mundil colócase lider de segunda, seguido pola Muralla Castrelos e Breogan HB. Pecha a clasificación Cabaleiros do Sanlés, que aínda non a gando, pero seguro pronto brindará unha alegría ao seu público. Isto depáranos un bonito derbi entre A Muralla Castrelos e Vigo Mundil, no que os pupilos de David tratrán de arrebarle o primeiro posto ao equipo de Moncho.


CADETES:
CEX SANTA COMBA - CABALEIROS DO SANLÉS (6-4): outro enfrontamento entre xalleiros e cabaleiros e cun desenvolvemento practicamente igual que o dos maiores. A primeira parte foi moi igualada, os mozos de ambos os conxuntos loitaron por levar os tres puntos, pero o apoio do público achegou o extra de forza que necesitaba o equipo do CEX. Ao final, triunfo sufrido e traballado dos xalleiros nun bonito partido.
A MURALLA ATLÉTICO - A MURALLA DE VIGO (1-4): nesta ocasión tamén se recreaba o derbi vigués de primeira, e outra vez cun desenvolvemento parecido. O partido estivo moi igualado, a pesar do que reflectía o resultado ao final do partido. As atléticas non deixaron en ningún momento de loitar pola ansiada vitoria e non permitiron que A Muralla estivese cómoda no campo en ningún momento. Ao descanso chegouse cun 0-1, e coa sensación de que as atléticas, dirixidas por David, podían dar a sorpresa, xa que son o único equipo novo na categoría. Pero na segunda metade, A Muralla, adestradas por Aarón, tiraron de experiencia e conseguiron facerse co partido.
Os partidos de cadetes demóstrannos cada xornada que a evolución desta categoría é moi grande. Con partidos moi rápidos e moi rifados ata o final. Isto e que a maioría dos equipos estan formados unicamente por mozas, aseguran un bo futuro ao horseball galego, e ao feminino principalmente.

A PRÓXIMA XORNADA CELEBRARASE O DÍA 22 DE ABRIL EN PORTO DO MOLLE, NIGRÁN.







jueves, 15 de marzo de 2012

II TORNEO GALAICO-MADRILEÑO DE HORSEBALL

                            


                                                       


                               






        ( SABADO 17  e   DOMINGO  18  DE  MARZO )

Nas instalacións do Club Cabaleiros do Salnés en en Romai-Portas ,celebrarase este fin de semana un Torneo de Horseball , de categorías Sub-16 e Sub-13 , con diversos encontros onde se enfrontarán equipos con xogadores e xogadoras de diversos Clubs de Galicia , ( Cabaleiros do Salnés ,Cex Sta.Comba , A Muralla de Vigo e equipos do Club madrileño da Praza Sharks ).
Nun gran ambiente de camaradería cos compañeiros madrileños , desenvólvense estes Torneos co fín de potenciar a competición dos mais novos e dar un paso máis na promoción deste deporte hípico, en Galicia . Polo que Invitamos aos Clubs de Galicia que queiran ver a progresión e participación dos novos xinetes e póneis nesta competición.

DAMOS A BENVIDA AO CLUB “A PRAZA SHARKS “ DE VILLANUEVA DE LA CAÑADA - MADRID  , AGRADECENDO A SUA COLABORACIÓN NO DESENVOLVEMENTO DE HORSEBALL.

HORARIOS DOS PARTIDOS :
Sábado 17 : 
Mañá: de 12 horas a 14
Tarde : de 16 horas a 18.

Domingo 18:
Mañá: de 12 horas a 14
Tarde : de 16 horas a 18.

lunes, 5 de marzo de 2012

LIGA GALEGA DE HORSEBALL

                 












2ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE HORSEBALL 2.011

O Centro Ecuestro do Xallas organiza este fin de semana ,Domingo dia 11 de Marzo nas súas instalacións do Mercado do Gando ( Santa Comba ),a segunda xornada da Liga Galega de Horseball , xornada onde participarán 12 equipos das categorías (Seniors 1ª e 2ª. e Cadetes) .
2ª xornada con encontros interesantes , que van definindo o pontencial en cada categoría. Os de Primeira loitando por conseguir eses dous postos que dan dereito ao campionato de España de Clubs e os de segunda pelexando por ese título e praza de ascenso .
Animamos a todos os clubs e asociacións de Galicia a que se acheguen ata Santa Comba .

Vocalía de Horseball FHG .